Está o Día das Letras petando na porta e levan todo o ano as bibliotecas escolares traballando por mantelas vivas, as Letras. Por se esto fose pouco, tamén preparan recursos e materiais específicos para a conmemoración da efeméride, adicada este ano a Ramón Piñeiro.
- A biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica preparou esta webquest sobre Ramón Piñeiro
- No blogue do CEIP Quintela de Moaña, unha selección de recursos elaborada polo EDNL.
- CEIP Mestres Goldar, de Vigo: selección de recursos.
- E unha excelente selección de vídeos e materiais diversos "pescados" na Rede, polo CEIP Frián-Teis, de Vigo
- Pola súa parte, o CEIP Mestre Martínez Alonso, de Mos, convídannos a rapear.
- A Biblioteca do IES As Mariñas de Betanzos, en colaboración do Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Normalización brindan estoutra oportunidade de coñecer a Ramón Piñeiro.
- Presentación sobre Ramón Piñeiro, do CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo da Limia.
- Xincanas culturais para que as Letras vivan, no IES de Fene: 1º e 2º de ESO - 3º e 4º de ESO
- Programación do IES Fontexería, de Muros, para celebrar as Letras.