De entre os titulos de literatura infantil e xuvenil editados no 2007 e 2008, profesorado con ampla experiencia no trato con libros e pequen@s lectores, fixo unha selección (a petición da Asesoría de bibliotecas escolares) dos que poderían considerarse imprescindibles. Velaquí esta Selección de libros imprescindibles para infantil e primaria (fición)
E para manter actualizada a sección de materiais informativos (ou de consulta, coñecemento...) estoutra selección de títulos axeitados ao alumnado destas idades: Imprescindibles-Informativos para ensino infantil e primario. (Neste caso, o campo "idade" debe entenderse como "a partir de", é dicir, textos que xa poderían ser consultados, sequera parcialmente ou con axuda, por lectores a partir de "3-6 anos", por exemplo.)