Una ano máis, as bibliotecas escolares constitúense en espazos de sensibilización, de aprendizaxe cidadá, de convivencia e de traballo colaborativo. Nestes últimos días dun xaneiro atroz (Gaza xa está a desaparecer das páxinas dos xornais....sen que nada mude nin mellore), os centros educativos son fervedoiros de actividade arredor dos temas da Paz, a convivencia, a solidaridade, a xustiza... os valores que lle son propios á educación que mereza tal nome.
Érguense voces que reclaman xustiza e nas bibliotecas escolares galegas xorde unha CONSPIRACIÓN POLA PAZ. Froito do traballo colaborativo entre equipos de biblioteca de centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares, pódense coñecer desde a Rede as accións levadas a cabo desde os centros: disparos de poemas nas voces de nenas e nenos, mozos e mozas que conspiran a favor da PAZ. Abrimos unha fiestra para ollar esta marabillosa realidade de colaboración, de EDUCACIÓN PARA A PAZ, A CONVIVENCIA E A CIDADANÍA, e convidamos a visitar os blogues das bibliotecas escolares galegas (Primaria ou Secundaria) para coñecer esta experiencia de interculturalidade. En palabras dunha das conspiradoras, desde o CEIP Milladoiro, de Malpica: Que toda esta enerxía serva para sementar ideas, coñecementos, inquedanzas e/ou preguntas nos nosos alumnos, nas súas familias... Este é sempre o obxectivo do noso traballo: facer rapaces e rapazas máis cultos, máis sabios e máis libres.