Baixo o lema BIBLIOTECAS PARA LER E APRENDER vanse celebrar en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos, 17-18 de outubro) os II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, dirixidos ao profesorado galego interesado e involucrado na xestión e dinamización das bibliotecas escolares.
O prazo para matricularse remata o 30 de setembro e deberá facerse a través da aplicación informática FPROF, do Servizo de Formación do Profesorado.
Nesta ocasión, o groso das intervencións servirán para coñecer experiencias moi concretas de bibliotecas escolares en plena actividade. Intervirán tamén Isabel Solé, José García Guerrero, Rosa Piquín e Antonio Basanta.