Moitas son as actividades que ao longo deste mes se veñen celebrando, coma no resto do ano, nas bibliotecas escolares galegas. Algunhas destas propostas son as seguintes:
-
IES Gregorio Fernández, de Sarria. Programa para 0 23 de abril: Libros que deixan pegada
-
Reproducimos as palabras da responsable do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, o día previo á celebración do Día Internacional do Libro:
Son as 8:30 e acabamos de rematar de pegar pegadas. Levamos desde as 4 da tarde o departamento de Lingua e Literatura española en pleno e varios alumnos e alumnas voluntarios. Participaron todos os 6 grupos de 4 e os 10 de primeiro e segundo de Bacharelato. Apetecíannos pegadas un pouco maduras para esta actividade. Cada grupo tiña a pegada dunha cor: verdes amarelas, vermellas. A metade da clase o pé dereito e a outra metade o esquerdo. Déuselle a cada profe as pegadas xa cortadas cunha plantilla indicando a posición do nome do alumno e o título do libro recomendando, recomendando un formato común pero unha caligrafía un pouco creativa. Encheuse o instituto de camiños polas escaleiras, polas paredes polo chan que subían e baixaban dos 5 pisos á biblioteca.
|
|
O IES Virxe do Mar, de Noia, foi tamén escenario dunha "performance" a prol da lectura, co gallo do Día Internacional do Libro: Libros que deixan pegada. Neste arquivo pódese ler a proposta da biblioteca escolar para esta actividade. |
As ideas boas, sementadas en boa terra, multiplican as súas posibilidades. Parabens a tod@s!!! |