Xornada de Biblioteca Creativa 2025

 
 
 
O 5 de febreiro de 2025 celebrarase na EGAP a Xornada de Biblioteca Creativa que reunirá ás 191 persoas coordinadoras deste programa nas súas bibliotecas.
 
Inaugurarán a xornada Lucas Ramada e Diego López, abordando as necesidades e urxencias para unha didáctica da ficción dixital, continuando con obradoiros simultáneos de escornabots, impresión 3D, banda deseñada, collage, ficción dixital, creación, creación audiovisual, imprenta creativa e escenografías de papel. Pecharán as experiencias de catro centros falando da evolución e desenvolvemento dos espazos creativos das súas bibliotecas.