O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 5 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2023/2024.
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias do total do total das 89 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de Primaria", destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2023/2024.
Esta é unha iniciativa integrada no Plan LIA 2021/2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventudel, a través da Dirección Xeral de Xuventude.