Resolución do VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio

 

 
 
 
 
 
 O Portal educativo publica a resolución de 14 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, relativa á convocatoria do VI Concurso de Podcasts - Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega). A convocatoria estaba destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que traballan a radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas,  dedicado este ano á intelectual, escritora, activista política, cultural e medioambiental, articulista, tradutora, profesora, filóloga e violinista Luísa Villalta; polo que as temáticas dos podcasts, nas oito modalidades, tratan sobre aspectos bio-bibliográficos da autora homenaxeada, especialmente aqueles vinculados á lingua materna, a estimulación da lectura da poesía, o mundo da edición e da tradución, o activismo cultural e medioambiental nos anos 90 a relación entre literatura e música e a muller na literatura galega ou as mulleres nas Letras Galegas.
 
 
Os podcasts seleccionados serán difundidos na páxina web da Radio Galega e na plataforma dixital A Galega Audio https://agalegaaudio.gal/ . Así mesmo, recibirán difusión a través dos medios web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).