Día da Ilustración 2024

 
 
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa   Asociación de Profesionais da Ilustración . Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Chichi Campos, pioneiro do humor gráfico.
 
 
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun cacompañamento da escrita. Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora e deseñadora gráfica Perdivel autora do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas.
 
 
Nesta data, desde a Asesoría de bibliotecas escolares queremos poñer en valor o  traballo dos ilustradores e ilustradoras  ao longo de 16 anos de creación e de colaboración na edición dos carteis anuais para as bibliotecas escolares galegas, que iniciáramos en 2008 , e, de paso, celebrarmos estas fermosas imaxes a prol da lectura que fomos quen, entre todos, de poñer nos muros dos centros educativos. Imaxes que xurden dun coidado proceso de creación a partir do lema proposto. Imaxes que son testemuña gráfica da evolución das bibliotecas escolares galegas.
 
 
Ilustradores/as e creadores/as dos carteis anuais: