Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do IX CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2022/2023 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Seleccionáronse 18 traballos de entre os 90 presentados desde diferentes centros. Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.
|
Modalidade | Centros seleccionados | Concello | Provincia | Proxecto |
1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar. | CEIP Nicolás del Río | Cedeira | A Coruña | NATURALmente, APRENDENDO! |
CEE Manuel López Navalón | Santiago de Compostela | A Coruña | LENDO OBXECTOS | |
IES Arcebispo Xelmirez I | Santiago de Compostela | A Coruña | TECENDO IDENTIDADE(S) NA II REPÚBLICA | |
IES Perdouro | Burela | Lugo | Construímos unha estrutura xeodésica e plantamos un fractal? | |
CEIP P. Ramón Otero Pedrayo | Amoeiro | Ourense | A PINTURA: PINTORES E PINTORAS | |
CEIP A Lama | A Lama | Pontevedra | O teu consumo deixa pegada | |
IES de Meaño | Meaño | Pontevedra | O MEAÑO QUE QUEREMOS | |
CEIP P. de Meaño-As Covas | Meaño | Pontevedra | 1, 2, 3... PA-TA-CA!! | |
CEIP P. de Leirado | Salvaterra de Miño | Pontevedra | Mergúllate con nós | |
CEP P. de Riomaior | Vilaboa | Pontevedra | NewCobres: ImaxinAcción | |
2. Proxectos de investigación grupo/nivel e grupo internivelario/departamento. | CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao | Vigo | Pontevedra | DE CANDO A HUMANIDADE APRENDEU A SEMENTAR |
IES Ramón Cabanillas | Cambados | Pontevedra | A memoria das aulas | |
CEIP de Cervo | Cervo | Lugo | UN PASEO AO LONGO DA HISTORIA: A EVOLUCIÓN DA ESCRITURA E DAS BIBLIOTECAS | |
IES P. Pintor Colmeiro | Silleda | Pontevedra | Outros Guernicas | |
3. Proxectos realizados na materia de 2º da ESO I.T.I./Proxecto Competencial ou en outras materias equivalentes en ESO ou primaria. | IES Valadares | Vigo | Pontevedra | Cidadáns críticos |
IES Poeta Díaz Castro | Guitiriz | Lugo | KPACES | |
4. Proxectos de investigación intercentros. | CRA de Culleredo | Culleredo | A Coruña | PURA A TARTARUGA |
CEIP de Galán | Arteixo | A Coruña | PURA A TARTARUGA |