O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados conforme o artigo noveno da Resolución do 28 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa LECTURA E FAMILIAS,no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24.
Os 25 centros de nova incorporación recibirán dotación orzamentaria para adquisición de materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades previstas así como para a realización de obradoiros de formación, ciclos de conferencias ou outras experiencias deseñadas e vinculadas ao obxecto desta convocatoria. Os 90 centros de continuidade recibirán dotación orzamentaria para a realización de obradoiros de formación, ciclos de conferencias ou outras experiencias deseñadas e vinculadas ao obxecto desta convocatoria.