O Portal educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados conforme o disposto no artigo 9 da Resolución do 28 de setembro de 2023 setembro da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no proxecto de RADIO NA BIBLIO, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. Os 30 centros de nova incorporación recibirán unha asignación económica destinada á posta en marcha da emisora de radio e á realización dun obradoiro de formación para o alumnado. Os 165 centros integrados no programa recibirán asignación para a realización de obradoiros de formación específica para o alumnado.