25N con V de Viñetas (non de Violencia)

 
 
Fíxome dano.
 
Non foi a miña culpa.
 
Non vou deixar 
que iso
me mate.
 
Podo crecer.
 
Halse Anderson, Laurie e Carrol, Emily. (2018). cuéntalo. Ediciones La cúpula 
 
As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
 
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas  de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que f  ixan valores contrarios á igualdade.
 
Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU alertan de que "a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas do mundo. Calcúlase que, a nivel global, 736 millóns de mulleres -case una de cada tres- foron vítimas de violencia física e/o sexual polo menos unha vez na súa vida.
Trátase dunha secuela que se intensificou en diferentes contornas, incluídos o lugar de traballo e os espazos en liña, e viuse agravada polos efectos pospandemia, os conflitos e o cambio climático.
A solución radica en gran parte en respostas sólidas que invistan na prevención."
 
O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. 
 

Imaxe da biblioteca Safo do IES Espiñeira de Boiro.
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia: