"... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo."
Yáñez, Antía. Non penses nun elefante rosa. (Xerais, 2022)
O Día das Escritoras é unha iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VIII Edición celébrase este ano 2023 o 16 de outubro.
"Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio".
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
- TEXTOS SELECCIONADOS POR MARTA SANZ
- SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS (Colaboración de Xosé Mª Lores)
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- Aula Hospitalaria do Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo-Pontevedra): Día das Escritoras
- CEIP P. da Espiñeira (Aldán-Pontevedra): 16 de outubro, Día das Escritoras
- CEIP P. Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Expositor Día das Escritoras
- CEIP Laverde Ruíz (Outeiro de Rei-Lugo): 16 de outubro, Día das Escritoras.
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Hoxe toca coñecer. A escritoras galegas de agora... e de sempre
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños-A Coruña): ELAS ILUSTRAN... escriben historias!
- CEIP P. de Montemogos (Bueu-Pontevedra:) Cita a cegas coa lectura
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Galegas no cómic
- CEIP P. O Ruxidoiro (Boborás-Ourense): Día das mulleres escritoras
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Día das Escritoras!!!
- CEIP de Portonovo (Sanxenxo-Pontevedra): Exposición autoras galegas
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Día das Escritoras
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día das Escritoras
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Celebramos o Día das Escritoras 2023
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): As nosas escritoras favoritas
- EOI de Lugo (Lugo): Día das Escritoras
- EOI de Ourense (Ourense): Quiz Día das Escritoras 2023
- EOI Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): 16 de outubro. Día das Mulleres Escritoras. Mulleres de Libro.
- IES A Xunqueira I (Pontevedra): Día das Escritoras
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Recomendacións en feminino
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña). Día das Escritoras: Marilar Aleixandre, Paula Carballeira e Yolanda Castaño
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Día das Escritoras 2023
- IES Pazó da Mercé (As Neves-Pontevedra): Hora de Ler, Día das Escritoras 2023
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Día das Escritoras. "O pracer, a ledicia e a risa das mulleres"
- IES Vilar Ponte (Viveiro-Lugo): 16 de outubro Día das Escritoras