O Portal educativo publica hoxe a Resolución do 6 de xuño de 2023 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades , para o curso 2023/2024.
Ao igual que en anos anteriores, seleccionaranse un mínimo de 25 centros novos para a súa incorporación ao PLAMBE, podendo ampliarse este número no caso de baixas ou renuncias de centros xa integrados neste programa en convocatorias anteriores. Os centros que se incorporaron nas convocatorias 2013/14 a 2018/19 e 2022/23, poderán recibir, ademáis da asignación para fondos, unha asignación complementaria para a renovación de mobiliario e outros equipamentos imprescindibles para o funcionamento da biblioteca escolar. A continuidade no PLAMBE esixe a solicitude correspondente a través desta convocatoria, coa entrega da documentación que se solicita en cada caso, así como acadar unha valoración positiva na memoria de actividades deste curso 2022/2023.
O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 14 de xullo de 2023.
- Texto da convocatoria e anexos
Na imaxe, a biblioteca da Maga Tomasa (CEIP Alfonso D.R. Castelao de Vigo)