O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 25 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2022/2023.
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 50 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de Primaria", destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2022/2023.
Esta é unha iniciativa integrada no Plan LIA 2021/2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) en colaboración coa Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.