Os vindeiros 30 e 31 de marzo celébranse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2022/2023, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional. Ademais, presentaranse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3 e outros... ).
Un espazo de encontro no que escribir as bibliotecas escolares de Galicia.
- PROGRAMA E DOSSIER
- #EPLAMBE23