"A invisibilidade social da experiencia das mulleres non é <<un fracaso da comunicación humana>>. Trátase dun sesgo tramado a nivel social que persistiu moito despois de que a información acerca da experiencia feminina estea dispoñible (e a favor da cal mesmo se insistiu publicamente)."
Russ,J. (2019). Cómo acabar con la escritura de las mujeres. Barret & Dos Bigotes
O Día Internacional da Muller 2023 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero", facendo un chamamento aos gobernos, aos movementos activistas e ao sector privado para acelerar os seus esforzos por conseguir un mundo dixital máis seguro, máis inclusivo e máis equitativo. Nun momento no que nos enfrontamos a múltiples crises globais, temos a posibilidade de crear un futuro mellor, non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo "Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: "A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas. Concienciar, difundir e apoiar iniciativas na liña sinalada pola propia ONU: «a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible». Se se promove a igualdade no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente, e unha representación nos procesos de adopción de decisións políticas e económicas, impulsaranse economías sostibles, igualitarias e máis humanas.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ...
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Recomendacións para o Día Internacional da Muller, Poesía na Radio
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): 8M Día Internacional da Muller
- CEIP Antonio Fernández López (Sarria-Lugo): Actividades 8de marzo, I Feira de Relatos
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): 8M #eutaménsonfeminista
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): 8 de marzo, Día da Muller
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Pioneiras no Couceiro
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (Pontevedra): Recomendacións lectoras
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Lecturas no catálogo KOHA, Caixas temáticas para as aulas
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): As Nosas Super Mulleres
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Marzo, Mes da Muller; Día da Muller 2023, Bolboretas Mensaxeiras por Rosalía e 8M
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): As mulleres e o mar
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): 8M
- CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos-Pontevedra): 8M e Semana da Prensa - Retos Feministas
- CEIP P. Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Ponteareas-Pontevedra): Manifesto 8M, O camiño violeta da igualdade
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Semana da Muller 2023: Galegas Imprescindibles, Encontro con Ana Romero Masiá
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Exposición 8 de marzo
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): 8M-En Feminino no Concello de Boborás
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): 8M_Día Internacional da Muller
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Mes da muller, poesía e Rosalía
- CEIP P. Pedro Barrié de la Maza (Sta. Comba-A Coruña): Guía 8M
- CEIP Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Acto do 8M con Soledad Castro, Manifesto na Radio, Actividades 8M
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): 8M Día Internacional da Muller
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Día Internacional da Muller e Día Mundial da Poesía!!!
- CEIP de Portonovo (Sanxenxo-A Coruña): O noso 8M
- CEIP P. da Rabadeira (Oleiros-A Coruña): Radio Escolar Rabadeira co 8M, Recomendacións lectoras
- CEIP Ramón de Artaza (Muros-A Coruña): 8M. Día Internacional da Muller
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda-Pontevedra): Representación de "Maruxa", Escribimos pola MULLER na biblioteca
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día Internacional da Muller, Expositor
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): 8 de Marzo e Semana da Prensa
- CEIP P. de San Roque (Vilanova de Arousa-Pontevedra): 8M-Día Internacional da Muller
- CEIP P. de Seixalbo (Ourense): Viaxando pola igualdade e exposición mulleres pola ciencia
- CEIP Vistahermosa (Ourense): 8M en 3D, Todo pode ser
- CEP Lois Tobío (Viveiro-Lugo): Mulleres de Viveiro, Visita de Vicente Míguez, Pasapalabra "Sen Mulleres non hai Viveiro", Ás para elAS
- CPI Aurelio Marcelino (Cuntis-Pontevedra): Activistas do Rural, Dominó activistas rurais
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Instalación Artística
- CPI da Cañiza (A Cañiza-Pontevedra): Recursos, Propostas
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): 8M-Mulleres piratas
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): 8M e Semana da Prensa
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Día Internacional da Muller e Semana da Prensa, Recomendacións de lectura
- EEI do Con (Moaña-Pontevedra): Mulleres con Saúde
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Iguais na Maxia
- IES de Brión (Brión-A Coruña): 23 Filósofas no 2023
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Día da Muller con Rosa Aneiros e María Canosa
- IES Espiñeira (Boiro-A Coruña): Deporte e feminismo, Encontro con María Solar, Club de lectura, Guía para celebrar o 8M, As mulleres tamén contan
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Ante o espello da historia, olladas de mulleres exemplares
- IES Monelos (A Coruña): Obras literarias escritas por mulleres
- IES Monte das Moas (A Coruña): Retratos de Mulleres
- IES Pazo da mercé (As Neves-Pontevedra): Recital poético musical, Día da Muller Traballadora. 8M
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Escribir as/ás mulleres, Muller e cine, Muller e cine 2