No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Máis información:
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Visita dunha enseñeira forestal
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Experimentando
- CEIP de Esteiro (Ferrol): Taller de chapas, Visita de Anne Gosset e María José Abad
- CEIP JUan Rey (Lourenzá-Lugo):
- Biografía e actividades arredor de Amparo Alonso
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra):
- Experimentos relacionados co proxecto "Mergúllate con nós"
- CEIP P. Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Ponteareas-Pontevedra): II Xornadas O Camiño da Muller na Ciencia
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Actividades no 11F
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Recursos e actividades
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): Por que celebramos este día?
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Visita de dúas científicas
- CEIP Virxe do Carme (Sober-Lugo): Mulleres de Ciencia do noso Concello
- CPI P. Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Oceánicas, Exposición Mulleres na Ciencia
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Mamás coa ciencia
- IES de Arzúa (Arzús-A Coruña): Entrevistas a 12 científicas galegas
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Charla sobre Ángeles Alvariño
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Olimpíada de físicas!, Que científicas se agochan nestes puzzles?
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Innovar. Demostrar. Elevar. Soster (I.D.E.A.S.)
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Exposición
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): Paseo da fama