Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2022/2023

 
 
Portal Educativo vén de publicar hoxe a Resolución de 30 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2022/2023. Esta iniciativa lévase a cabo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuevntude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.
 
 
 
 
O seguinte cadro resume o contido do programa e as datas claves para cada unha das modalidades:

  Modalidades

 

  Obxecto

 

   Ámbito de aplicación
  1 Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”  Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación
de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes
da comunidade escolar.

 

  •  Destinado ás bibliotecas dos centros de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, ciclos formativos ou ensinanzas de réxime especial.
  •  Presentación de memorias por parte dos centros interesados dende o 28 de marzo ata 28 de abril de 2023.
  • Selección dun máximo de 15 selos para a concesión do selo.
  • As candidaturas deberán responder aos obxectivos da Axenda 2030 da ONU de Desenvolvemento Sustentable.

 

 

 2 Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)  Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o
alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción
voluntaria correspondentes.

 

  •  Destinado a alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, ciclos formativos ou ensinanzas de réxime especial . 
  •  Inscrición con data límite 16/12/2022
  • Con data límite de 28 de abril de 2023 remitirase unha relación definitiva do alumnado colaborador. 
  • Estas actividades poderán orientarse en liña cos obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable. 

 

  3  Voluntariado de lectura-A (Primaria)  Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura.

 

 

  •  Destinado a alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
  • Inscrición con data límite 16/12/2022 
  •  Presentación de memorias por parte dos centros interesados dende o 28 de marzo ata 28 de abril de 2023.
  • Seleccionaranse un máximo de 10 experiencias.