O Portal Educativo vén de publicar a resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 21 de novembro de 2022, pola que se dá a coñecer a relación de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura, segundo convocatoria de 26 de setembro de 2022, a través da cal se incentiva esta actividade de fomento da lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que acollen ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2022/23.
Ábrese un prazo de cinco días naturais para a presentación de alegacións ou renuncias no seu caso.