"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío
Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe eogrupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola "súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro".
O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
- MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO
- PINTEREST CIENCIA EN GALEGO
- MALETAS VIAXEIRAS (Ciencia, Economía, Física e Química, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Libro Informativo)
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Ciencia na Biblio
- CEIP P. Antonio Fernández López (Sarria-Lugo): Mes da Ciencia
- CEIP de Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): Mes da Ciencia
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Coa ciencia experimentando, imos enredando, Obradoiro de experimentos
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): O Sistema Solar, Experimentando con materiais sensoriais
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Novembro. Mes da Ciencia en Galego nas BIbliotecas
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): VenreXperimentos na BiblioLab e recomendacións na web do catálogo Koha
- CEIP de Esteiro (Ferrol): Selección de lecturas
- CEIP Juan Rey (Lourenzá-Lugo): Recomendacións e Laboratorio Móbil
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): A ciencia en galego na biblioteca de tololeo
- CEIP P. Manuel Sueiro (Ourense): Mes da ciencia
- CEIP Mestre Manuel García (Oia-Pontevedra): Mes da ciencia na biblioteca
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Compartindo ciencia... na nosa fala!
- CEIP P. Monte Baliño (Pantón-Lugo): Exposición, Xornada de Ciencia
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Obradoiro Taumatropos
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Experimentos conCIENCIA
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Selección de fondos e experimentos
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Asociación Legar e Música de Raíz
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Selección de fondos, Experimentos nos recreos, Elabora o teu lapbook de experimentos
- CEIP P. da Rabadeira (Oleiros-A Coruña): Mes da ciencia en galego
- CEIP Ramon de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Escolma de materiais, Talleres de magnetismo
- CEIP Sagrada Familia (A Coruña): Novembro: Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): Ciencia en familia
- CEIP P. da Torre Cela (Bueu-Pontevedra): Teatro na ciencia
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Novembro, Mes da Ciencia
- CPI P. Fonte-Díaz (Touro-A coruña): Cogomelos, 20 anos do Prestige, Ángeles Alvariño, Saídas de Ciencia, Mergullámonos no océano do futuro, Exposición de libros
- CPI P. Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): Novembro, mes da ciencia
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): As árbores e as plantas do noso patio
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Novembro, Mes da Ciencia en Galego
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Encontro con Cristina Fernández (O inicio da vida, células e bacterias)
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Non é Maxia é Ciencia
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Mes da Ciencia en Galego na biblioteca, Comezamos cos Retos
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Charla Sogama, Charla Bioloxía Mariña
- IES Espiñeira (Boiro-A Coruña): Iniciamos o Mes da Ciencia, Ciencia, cerebro e lectura; Concurso Xen Zienzia
- iES Francisco Asorey (Cambados-Pontevedra): Semana da ciencia 2022
- IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): Novembro Mes da Ciencia en Galego
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Exposición temática
- IES de Meaño (Meaño-Pontevedra): Venres de experimentos científicos na biblioteca
- IES Monte das Moas (A Coruña): Exposición sobre a paisaxe, Exposición sobre mulleres xeólogas , Exposición de inventos galegos, Selección de lecturas
- IES Urbano Lugrís (Malpica-A Coruña): Experimentos na biblio
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): Semana da ciencia