O DOG do 19 de outubro de 2022 publica o Orde de 4 de outubro de 2022 pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2022/2023. Intégranse 25 novos centros e, finalmente, son un total de 754 bibliotecas escolares as que conforman o PLAMBE-públicos neste curso.
As bibliotecas escolares demostraron nos últimos cursos que son un instrumento e un valor do centro á hora de enfrontar novas formas de vincular á comunidade educativa, de ofrecer recursos para apoiar as aprendizaxes, de reforzar as competencias clave do alumnado e de facilitar lecturas e actividades que axuden a medrar como cidadáns activos e como lectores críticos da realidade. Cómpre seguir na pescuda de todas as súas potencialidades.