O Portal Educativo vén de publicar a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 11 de outubro de 2022, pola que se convoca o programa RADIO NA BIBLIO para o curso 2022/2023. Esta acción, iniciada en 2017, pretende introducir a radio nas bibliotecas escolares e vai destinada aos centros públicos de titularidade da consellería que matriculen alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (agás os incorporados no presente curso).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de outubro de 2022.