IV Concurso de Podcasts - Radio na Biblio: Seleccionados en las Modalidades III e IV

Estos son os tres podcasts seleccionados na Modalidade III; alumnado de Educación Secundaria, e  na Modalidade IV, alumnado de Bacharelato, ensinanza de Persoas Adultas ou Ciclos Formativos. A selección recoñece a orixinalidade do traballo,  a calidade sonora e de contido e o uso da radio como ferramenta de inclusión. Un percorrido pola vida e obra de Florencio Deglado Gurriarán a través de distintas linguas. 

Domadora de serpes


A neniña brinca á comba nun xardín de algures


Un,

dous,

tres.

Fuxen da retorta serpe

os paxariños dos pes

e as volvoretas das trenzas.

Un,

dous,

tres.

Os paxariños dos pes

fuxen, con medo, da cobra.

A túa gorxa, leda frauta,

fai beilar á serpe tola.

Un,

Dous,

tres.

Fera, alritada, asubía

ao feitizo das túas mans,

e chouta, ergueita, pra darche

tráxica aperte no van.

Un, dous, tres;

un, dous, tres...

Rápida estordega,

mais viras e viras

o corpo de vimio

e á cobra alporizas.

¡Fuxide, paxaros,

que a serpe asubia!

Cantigas na frauta...

¡Apresa, neniña!:

un, dous, tres,

un, dous, tres...
Poema de Florencio Delgado Gurriarán recitado polo alumnado do CEE Saladino Cortizo que cursa o ciclo de tránsito á vida adulta.