As mochilas xa están a viaxar

As mochilas viaxeiras están xa en marcha, con distintas fórmulas segundo as idades do alumnado e a finalidade que os equipos de biblioteca pretenden con esta actividade.  Achégannos materiais elaborados por algunhas bibliotecas escolares arredor desta iniciativa:

Por fin empezaron o seu percorrido as mochilas viaxeiras. Polo de agora circularán entre as familias do segundo ciclo (3º e 4º de EP).

Esta actividade promovida pola Biblioteca pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica e novidosa: sacar a Biblioteca fóra do Centro e levala ata os fogares. Incluímos diferentes materiais e soportes para da runha visión máis completa da Biblioteca como centro de recursos, que alberga diferentes tipos de documentos en distintos formatos.

Acompañan a estes materiais unha carta dirixida ás familias, convidándoas a participar na actividade, o caderno viaxeiro cunha nota explicativa da súa finalidade, un díptico coas instrucións de uso da mochila e un lista dos materiais incluídos:

CARTA ÁS FAMILIAS  http://bibliocole.googlepages.com/carta%C3%A1sfamilias

CADERNO  http://www.rockyou.com/photos/photo_view.php?instanceid=8886569N

NOTA CADERNO  http://bibliocole.googlepages.com/notacadernoviaxeiro

DÍPTICO INSTRUCCIÓNS  http://bibliocole.googlepages.com/d%C3%ADpticoinstruccionesdeusodamochilaviaxei

LISTADO MATERIAIS    http://issuu.com/ratomik/docs/microsoft_word_-_contidosmaletascorrecto

Julia González González. Responsable da biblioteca escolar.

CEIP Pepe de Xan Baña - Santa Comba: "Nós empezamos esta semana coas mochilas. Decidimos facelo en todos os cursos (só temos 8 aulas). Empezamos o luns con primaria e hoxe, mércores, teñen unha reunión en infantil e aproveitarán para explicar a nais e pais a experiencia "mochileira".
Decidimos mandar para todas as familias o xornal do luns (temos moitos por ser de Voz Natura) e un libro sobre Pepe de Xan Baña (xa que lle dá nome ao cole, pois iso). A maiores metemos outros materiais segundo a familia á que se lle envía. Ao  alumnado de 6º, 5º, 4º e 3º, pedímoslle que foran eles os que nos indicaran que lles podía gustar aos seus (aquí moitos teñan nas casas avós e/ou bisavós).  E metimos o que entre eles e nós consideramos mellor. Si, son "mochilas personalizadas", porque non van ser (ou non teñen que ser) iguais para tod@s. Nelas vai o inventario do que levan ademais dun caderno no que propoñemos que expresen o que lles pareza ben. Os cadernos mercámolos e puxémoslles na tapa unha imaxe cun título "caderno da memoria". Dentro deles vai unha carta do mago Fuco explicando a experiencia e invitando a participar dela. Recordámoslles tamén que calquera pode solicitar o carné da biblioteca e xa catro nais o p ediron nestes 3 días.
Ah! fixemos tamén un carné da biblioteca para cada mochila (mochila infantil A, infantil B, mochila 1º, etc) e rexistramos co meiga eses empréstitos.
Exemplos de materiais ademais dos anteriores son:
- un cómic en francés para unha familia que veu de Suiza, do cantón francés.
- o libro "son un cabalo" para outra que teñen cabalos na que todos os montan.
- un libro de contos populares para unha casa na que hai unha avoa que non sabe ler, pero á que lle gustan moito esas historias e quérellas ler a súa neta, que é quen leva a mochila.
Como vedes, hai un pouco de todo.  Por agora levamos moi pouco, pero os que empezaron dixéronnos que nas casas estaban bastante contentos."
Dolores Mantiñán, coordinadora do equipo de biblioteca escolar.