En novembro de 2012, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizou unha convocatoria, destinada aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares, dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares. Este proxecto incorporou a 50 centros.
A Xunta vén de ampliar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares. Deste xeito, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon a disposición dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) unha ferramenta que enriquecerá as súas coleccións.
En total están accesibles preto de 4000 títulos, que se poden ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné das bibliotecas escolares.
Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
- Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e liteara, entre outras.tura para todos os niveis e etapas, entre outras:
- Recursos de ficción e non ficción para todos os ciclos e etapas: libros,revistas, audiolibros, podcast...
- Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
- Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
- A posibilidade de lectura compartida en grupos aula, club de lectura.. cosrecursos proxectados mediante paneis dixitais ou outros dispositivos.
- Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
- Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
- A posibilidade de uso a través dunha APP (gratuíta e dispoñible nas tendasde aplicacións para os distintos dispositivos) que aumenta a interactividade:estatísticas, desafíos, establecer obxectivos diarios ou mensuais…
- O acceso mediante tres perfís diferentes: usuario alumnado (ata 2
préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso
escolar) e usuario docente (ata 2 títulos de xeito simultáneo sen límite de
préstamos), outras persoas usuarias da comunidade educativa (ata 2
préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso
escolar).