O Día Internacional da Muller 2022 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. A información máis recente da que dispoñemos permitiunos entender que existe un vínculo fundamental entre xénero, equidade social e cambio climático e recoñecer que, sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e equitativo seguirá estando fóra do noso alcance.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo "Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: "A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas. Concienciar, difundir e apoiar iniciativas na liña sinalada pola propia ONU: «a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible». Se se promove a igualdade no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente, e unha representación nos procesos de adopción de decisións políticas e económicas, impulsaranse economías sostibles, igualitarias e máis humanas.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ...
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Lecturas, Día Internacional da Muller, Imos coñecelas un pouco mellor
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): 8M Enredadas
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): Así celebramos...
- CEIP do Carballal (Marín-Pontevedra): Mulleres das nosas rías
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): 8 de marzo, Día da Muller
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Día Internacional da Muller, 8 de marzo
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): 8 de marzo, Día da Muller
- CEIP P. da Espiñeira-Aldán (Cangas-Pontevedra): Galegas Todas
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día Internacional da Muller
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Mulleres no cine, Concurso, Encontros con mulleres de cine
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Marzo, con M de Muller; As mulleres das nosas vidas
- CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela-A Coruña): Mulleres Galegas, Retos 8 de marzo
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Muller traballadora
- CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos-Pontevedra): 8M-Día Internacional da Muller
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): 8M - Tarefa de TOD@S
- CEIP P. de Monforte (Monforte de Lemos-Lugo): Muller e artesanía
- CEIP P: Monte Baliño (Pantón-Lugo): 8 de marzo
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): A Quinta Ferreña, As mulleres da nosa vida
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): 8M, LIP DUB, Rompemos cos roles?
- CEIP Os Tilos (Teo-A Coruña): Xuntas no mesmo camiño
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día Internacional da Muller
- CEIP P. Pena de francia (Mos-Pontevedra): O muro da igualdade, Radio-Historia do 8 de marzo
- CEIP Pepe de Xan Baña (Santa Comba-A Coruña): A muller como referente
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): A muller e a nena na ciencia e 8 de marzo, Visita de Olaga Novo
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A coruña): Día Internacional da Muller!!
- CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): 8M. As nosas mulleres valentes
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día Internacional da Muller
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): O día da cor morada, Encontro con Baia Fernández
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): #8M_Día Internacional da Muller
- CEIP P. Santa Mariña (Vigo-Pontevedra): Día Internacional da Muller
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día Internacional da Muller Traballadora
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): 8 de marzo - Día internacional da muller
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Voces Bravas
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Día Internacional da Muller
- CPI P. Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): As nosas avoas
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña): 8M-5 Mulleres do Noroeste
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Igualdade, non só unha palabra, Mulleres referentes
- EOI A Coruña: Lecturas en vídeo
- IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela-A Coruña): Nin caladas, nin submisas, nin illadas!
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Olimpíada de Biólogas, Coñécelas?, Quiz 10 escritoras imprescindibles
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Encontro con Aurora Marco (Irmandiñas); Habelas, hailas (Lecturas 8M)
- IES Espiñeira (Boiro-A Coruña): Grazas Antonia!, Ler non é cousa de mulleres, 8M
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña): 8M - Día Internacional da Muller
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Exposición Día da Muller, Obradoiro creativo
- IES Monte das Moas (A Coruña): Mulleres dos oficios tradicionais
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Día da Muller Traballadora
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Poesías para o 8 de marzo
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): 8 de marzo
- IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives-Ourense): Encontro con mulleres da nosa contorna