Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Reimundo Patiño pintor, gravador e autor de BD. "Pioneiro da arte contemporánea galega."
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes máis aló dun complemento da escrita.
Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora Paula Mayor autora do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas ... ao tempo que viaxamos polo "desacougo creador" do homenaxeado neste 2022.
Nesta data, desde a Asesoría de bibliotecas escolares queremos poñer en valor o traballo dos ilustradores e ilustradoras ao longo de 14 anos de creación e de colaboración na edición dos carteis anuais para as bibliotecas escolares galegas, que iniciáramos en 2008 , e, de paso, celebrarmos estas fermosas imaxes a prol da lectura que fomos quen, entre todos, de poñer nos muros dos centros educativos. Imaxes que xurden dun coidado proceso de creación a partir do lema proposto. Imaxes que son testemuña gráfica da evolución das bibliotecas escolares galegas.
Ilustradores e ilustradoras dos carteis anuais:
- Curso 2021/2022: Pablo Otero "A biblioteca escolar ten a aplabra."
- Curso 2020/2021: Bea Lema "Xeografías Lectoras na Biblioteca Escolar". Así o fixo.
- Curso 2019/2020: Óscar Villán "Biblioteca Escolar. Viveiro de Cidadanía". Así o fixo.
- Curso 2028/2019: Nuria Díaz "Poéticas Diversas na biblioteca escolar"
- Curso 2017/2018: Xosé Tomás "Aprender a pensar coa biblioteca escolar"
- Curso 2016/2017: Minia Regos "Biblioteca escolar - Territorio das Artes"
- Curso 2015/2016: Fran Bueno "Biblioteca escolar, base de exploracións"
- Curso 2014/2015: David Pintor "Biblioteca escolar... matemático"
- Curso 2013/2014: Patricia Castelao "Ler ciencia na biblioteca escolar"
- Curso 2012/2013: Andrés Meixide "Biblioteca escolar, acelerador de innovación"
- Curso 2011/2012: Emma Ríos "Biblioteca escolar, última xeración"
- Curso 2010/2011: Marina Seoane "Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades
- Curso 2009/2010: Miguelanxo Prado "Biblioteca escolar, espazo de lecturas"
- Curso 2008/2009: Manuel Lariño "Biblioteca escolar, Servidor Central"
- Ano 2006: Óscar Villán "Hora de Ler"