Achéganse os días de lecer que coinciden cos primeiros días do inverno, co tempo frío e a pouca luz no exterior. Son ocasión fantástica para ocupar parte do tempo na lectura, sós ou en compañía de amigos ou familiares.
As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas recomendacións de lectura (tamén de cine, música, xogos, apps, fontes dixitais de interese...). Diferentes en propostas, en contido, en deseño... todas elas responden ao interese dos equipos de biblioteca por facilitar unha escolla axeitada á hora de agasallar . Buscan, tamén, que as lectoras e os lectores desenvolvan autonomía á hora de seleccionar as súas propias lecturas, aprendendo a mirar nos libros máis aló da súa capa e das estratexias do mercado, aprendendo a escoller con criterio.
Son propostas feitas desde a especialización dos integrantes dos equipos de biblioteca. Reflicten a variedade de oferta que a industria editorial galega e foránea pon a disposición das persoas lectoras. Son, pois, un instrumento para o fomento da lectura especialmente cando inclúen unha pequena recensión que orienta sobre o contido de cada un dos títulos seleccionados. Orientacións que inclúen a recomendación da compra no comercio de proximidade.
Imaxe de Cristina Novoa
As bibliotecas escolares galegas recomendan:
- CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Recomendacións lectoras para Nadal
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Recomendacións lectoras para Nadal
- CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Recomendacións lectoras Nadal 21
- CEIP A Paz (Vigo-Pontevedra): Recomendacións da Meiga Tintureira
- CEIP A Sangriña (A Guarda-Pontevedra): Recomendacións de Nadal
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): Leo que Leo
- CEIP Anxo da Garda (A Coruña): Lecturas de Nadal... e para pedir...
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): Recomendacións de Nadal
- CEIP de Atín-Cela (O Porriño-Pontevedra): Recomendacións lectoras Nadal 2021
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Suxestións para o Nadal
- CEIP de Curtis (Curtis-A Coruña): Recomendacións lectoras Nadal 2021
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Guía de Lectura Nadal 2021
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Mergúllate nos libros!
- CEIP Escultor Acuña (Vigo-Pontevedra): Propostas lectoras do Nadal
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Recomendacións para o Nadal
- CEIP de Figueiroa (A Estrada-Pontevedra): Léndolle as voltas ao mundo
- CEIP Filomena Dato (Barbadás-Ourense): Lecturas de Nadal
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Guía de lectura de Nadal 2021
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Recomendacións lectoras - Nadal 2021
- CEIP P. Irmáns Villar (Ourense): Recomendacións lectoras Nadal 2021
- CEIP P. Javier Sensat (Vigo-Pontevedra): Lemos e Xogamos
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Guía 2021
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Recomendacións lectoras Nadal 2021
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives-Ourense): Recomendacións lectoras
- CEIP P. de Meaño-As Covas (Meaño-Pontevedra): Nadal de Libros
- CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos-Pontevedra): Recomendacións de Nadal
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Guía de agasallos de Nadal 2021, Exposición
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): Guías de lectura Nadal 2021
- CEIP P. Mosteiro de Caaveiro (A Capela-A Coruña): Recomendacións lectoras de inverno
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Recomendacións lectoras para Nadal
- CEIP P. Nº1 de Tui (Tui-Pontevedra): Podcast con recomendacións lectoras, Recomendacións de lecturas e xogos para este Nadal
- CEIP P. O Mosteirón (Sada-A Coruña): Recomedación Nadal 2021
- CEIP de Oca (A Estrada-Pontevedra): Recomendacións lectoras
- CEIP P. Os Tilos (Teo-A Coruña): Recomendacións lectoras
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Lemos no Nadal
- CEIP Otero Pedrayo (Vigo-Pontevedra): Recomendacións de Nadal
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Recomendacións de animación á lectura para Nadal
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Recomendacións de lecturas para o Nadal
- CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra): Recomendacións lectoras do Nadal
- CEIP de Présaras (Vilasantar-A Coruña): Recomendacións lectoras do Salón
- CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): Recomendacións lectoras para o Nadal
- CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha-A Coruña): Recomendacións Nadal
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Recomendacións
- CEIP Rosalía de Castro (Padrón-A Coruña): Recomendacións lectoras de Nadal
- CEIP P. de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Recomendacións lectoras Nadal 2021
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Calendario de Advento: 24 lecturas
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Guía de Nadal 2021
- CEIP San Marcos (Abegondo-A Coruña): Desexámosvos un Nadal cheo de boas lecturas
- CEIP de Sárdoma-Moledo (Vigo-Pontevedra): Recomendacións Nadal
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): Recomendacións de Nadal
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Recomendacións lectoras de Nadal
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Neste Nadal, un libro na man
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Guía de Nadal
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Recomendacións de Nadal
- CEP Brea Segade (Rianxo-A Coruña): Un libro para agasallar 2021
- CEP Salustiano Rey Eiras (A Pobra do Caramiñal-A Coruña): Nadal, tempo de lectura
- CIFP Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): As nosas recomendacións de Nadal, Lecturas na Laboral
- CMUS Xan Viaño (Ferrol-A Coruña): Novidades para Nadal
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Recomendacións para o Nadal
- CPI Aurelio Marcelino (Cuntis-Pontevedra): Letras de Inverno
- CPI da Cañiza (A Cañiza-Pontevedra): Guía para tempos fríos, 2021
- CPI Castroverde (Castroverde-Lugo): Recomendacións lectoras
- CPI Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Un ano de cine
- CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel-Lugo): Recomendacións lectoras para o Nadal
- CPI de Pontecesures (Pontecesures-Pontevedra): Recomendacións lectoras Nadal 2021
- CPR P. Compañía de María (A Coruña): Agasallos lectores
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña): Guía de lectura-Nadal 2021
- CRA A Picaraña (Ponteareas-Pontevedra): Neste Nadal, a biblioPicaraña recomenda
- CRA María Zambrano (O Rosal-Pontevedra): Recomendacións de libros e xogos para o Nadal
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Constelación Nadal
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): Recomendacións lectoras para Nadal
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Recomendacións lectoras
- EEI Vilarrodís (Arteixo-A Coruña): Bibliorrodís recomenda
- EOI de Ferrol (Ferrol-A Coruña): Lecturas recomendadas Francés, Italiano, Galego, Inglés, Alemán e Portugués
- IES P. Adormideras (A Coruña): Guía de lecturas para Nadal
- IES Alfredo Brañas (Carballo-A Coruña): Lecturas para Nadal
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Lecturas Con-Ciencia
- IES de Carral (Carral-A Coruña): Verbas de Nadal
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Recomendacións Nadal
- IES David Buján (Cambre-A Coruña): Recomendacións da biblioteca para agasallar e agasallarse en Nadal
- IES Félix Muriel (Rianxo-A Coruña): Recomendacións para o Nadal
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): Ler no Nadal
- IES Marco do Camballón (Vila de Cruces-Pontevedra): Recomendacións de Nadal
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Árbore coas recomendacións de Nadal
- IES Monelos (A Coruña): Recomendacións de lecturas para Nadal
- IES Monte das Moas (A Coruña): Recomendacións de lectura para o Nadal, Creativas recomendacións de lecturas en galego
- IES Monte Neme (Carballo-A Coruña): Guía de Lectura Nadal 2021
- IES de Monterroso (Monterroso-Lugo): Ler no Nadal 2021
- IES Pontepedriña (Santiago de Compostela-A Coruña): Almudena Grandes, Guía de lecturas
- IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense): Recomendacións Nadal
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Tempo de Nadal, tempo de lecturas!, Un Nadal de película!, Cine para o Nadal 2021
- IES Xelmirez I (Santiago de Compostela-A Coruña): En Nada L er é unha festa!
- IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives-Ourense): Recomendacións lectoras para Nadal
- Rede de bibliotecas escolares dos centros públicos de Ames (Ames-A Coruña): Guía de Nadal 2021