No ano 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 3 de decembro como Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Este ano o tema do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (IDPD) é Liderado e participación das persoas con discapacidade na construción dun mundo postcovid inclusivo, accesible e sostible. Céntrase na inclusión da discapacidade resultará nunha resposta fronte á COVID-19 e unha recuperación da crise máis efectiva e igualitaria. No apoderamiento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sustentable, como se pedía na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, que se compromete a "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
Hai catro cursos a Consellería de Cultura, Educación e Universidade iniciou o programa Biblioteca Inclusiva, dentro do Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares. Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara a unha biblioteca que responda realmente ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte, dunha forma decidida, os retos que presenta a diversidade.
O Plan LÍA 2021-2025 contempla continuar co desenvolvemento do programa de biblioteca inclusiva, na procura de que as bibliotecas escolares sexan espazos accesibles que ofrezan recursos e oportunidades de aprendizaxe para todas e todos.
As bibliotecas escolares galegas levan tempo reflexionando e traballando para seren espazos nos que o alumnado atope o seu lugar para traballar en proxectos comúns, espazos que integren a todos e todas sen deixar a ninguén atrás, promovendo unha actitude inclusiva, igualitaria, normalizadora, respectuosa e visibilizadora da diversidade.
Estes son algúns dos materiais do programa:
- Programa Biblioteca Inclusiva
- Xornada de formación: Biblioteca Inclusiva. Lectura e Diversidade
- Xornada de formación: Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na Diversidade
- Radio na Biblio informa: Biblioteca Inclusiva
- Maleta viaxeira: Lectura e Diversidade
- Maleta viaxeira: Por unha Biblioteca inclusiva
- Pinterest Por unha Biblioteca Inclusiva
- Pinterest Biblioteca Inclusiva Secundaria
- Pinterest Lectura e Diversidade
Actividades das bibliotecas escolares neste día que moitos colectivos reivindican como da "diversidade funcional":
- CEE Miño (Ourense): Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Actividades
- CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): 3/D Día Internacional da Discapacidade
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Selección de lecturas
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Di Capacidade
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Actividades 3 de decembro, Supernenos
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Día das Persoas con Discapacidade
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día da Discapacidade
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Aprendemos coas diferenzas, Lecturas das familias
- CEIP P. Monforte (Monforte de Lemos-Lugo): I Semana: Audiovisual e Discapacidade
- CEIP P. Mosteiro de Caaveiro (As Neves-A Coruña): "Pictografíando" o colexio
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Tarefa de investigación
- CEIP O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Suxestións de Lectura Fácil
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Obradoiro Parches piratas
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Lecturas compartidas
- CEIP P. Pepe de xan Baña (Sta.Comba-A Coruña): Un mar de cores
- CEIP P. da Rabadeira (Oleiros-A Coruña): Un Mar de Dereitos
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Non sobra ninguén, Baixo o mesmo paraugas, Busca o teu súper poder
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día da Diversidade Funcional
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): (Adi)ante coa inclusión
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Recursos e visitas
- CPI Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): Visibilizando a ESCLE
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Coñecendo a Desireé Vila
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Xunt@s, Unid@s e Iguais