Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2020/2021 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Seleccionáronse 20 traballos de entre os 66 presentados desde diferentes centros. Algunhas sub-modalidades ficaron desertas pero distribuíronse os premios dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade.
Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, así como os traballos realizados na materia de libre confuguración de Secundaria "Investigación e Tratamento da Información" ("Aprender a Investigar en Primaria), que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.
Na imaxe, o alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña)
Modalidade | Centros Seleccionados | Concello | Provincia | Proxecto |
1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar | CEIP Emilia Pardo Bazán | A Coruña | A Coruña | Paseando con Emilia |
CEIP dos Muíños | Muxía | A Coruña | Facemos camiños | |
CEIP P. de Outes | Outes | A Coruña | Mens sana in corpore sano | |
IES P. Aquis Celenis | Caldas de Reis | Pontevedra | As palabras no camiño II | |
CEIP P. Meaño-As Covas | Meaño | Pontevedra | Botarse ao monte | |
CEIP Valle-Inclán | O Grove | Pontevedra | Ardia 2020-2021 | |
CEIP de Leirado | Salvaterra de Miño | Pontevedra | A tope coa saúde | |
CEIP Manuel Padín Truiteiro | Soutomaior | Pontevedra | Viaxe á Idade Media a través do castelo de Soutomaior | |
2.a. Proxectos de investigación grupo/nivel | CEIP Pedro Barrié de la Maza | Sada | A Coruña | A nosa Odisea |
CEIP A Lama | A Lama | Pontevedra | Os instrumentos do Pórtico da Gloria | |
2.b. Proxectos de investigación ciclo/departamento | CPI Cruz do Sar | Bergondo | A Coruña | Que podo facer eu para... ? |
IES Ramón María Aller Ulloa | Lalín | Pontevedra | Unha aldea global, en perspectiva de xénero | |
2.c. Proxectos realizados na materia de 1º/2º da ESO "I.T.I."ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria | IES Xoán Montes | Lugo | Lugo | A caixa de Pandora |
3. Proxectos de investigación intercentros | CEIP Canosa-Rus | Coristanco | A Coruña | Carpiño está en perigo, un mar de valores |
CRA de Culleredo | Culleredo | A Coruña | Carpiño está en perigo, un mar de valores | |
4. Proxectos realizados con metodoloxía científica | CIFP de Someso | A Coruña | A Coruña | Crecemento do pelo |
CPI de Cervantes | Cervantes | Lugo | Cervantes 100XCIENcia | |
CEIP García Barbón | Vigo | Pontevedra | Cando medre quero ser entomólogo | |
IES de Valadares | Vigo | Pontevedra | MeteoValadares | |
IES de Valadares | Vigo | Pontevedra | Sensor de CO2 |