As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.
Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU alertan de que ademais do impacto da COVID-19, hai un evidente aumento da violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo debido ás crises actuais causadas por desastres naturais e desastres provocados polo home, como conflitos e guerras.
O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir una paso atrás.
Imaxe do IES San Paio (Tui-Pontevedra)
Como en anos anteriores, difundimos actividades nas bibliotecas escolares galegas arredor destas datas e en prol da igualdade:
- CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): 25N-Día contra a violencia de xénero
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Lecturas
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): Materiais para aprender, reflexionar e xogar
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): En contra da violencia de xénero
- CEIP do Carballal (Marín-Pontevedra): Unha marea contra a violencia
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): 25N no CEIP de Celeiro
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña): Actividades 25N
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Quen é quen? no deporte
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
- CEIP de Esteiro (Ferrol-A Coruña): Recursos, A través das cancións
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): 25N-2021
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): 25 novembro no Graxal
- CEIP do Hío (Cangas-Pontevedra): Escaleiras da igualdade
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): En novembro, lecturas pola igualdade
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives-Ourense): Violencia de xénero
- CEIP Manuel Sueiro (Ourense): Artur e Clementina
- CEIP P. Mestre Ramiro Sabell (Ponteareas-Pontevedra): 25 N
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): 25_Lab.Experimental: xunt@s cambiando a visión!
- CEIP P. Monte Baliño (Pantón-Lugo): Baliño en violeta
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Tomamos a palabra para visibilizar
- CEIP P. O Ruxidoiro (Barbadás-Ourense): Selección de lecturas
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Bailando pola Igualdade
- CEIP Otero Pedrayo (Rábade-Lugo): Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CEIP P. Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Queremos dar a "chapa" contra a violencia
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Día da Non Violencia
- CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros-A Coruña): As mans e as palabras para acariñar
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda-Pontevedra): Somos fortes e libres, Radio Garabullo "As tres Maruxas"
- CEIP Raquel Camacho (A Coruña): Para nós, non é non
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): A árbore do respecto
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Libros para a igualdade, Nin máis nin menos
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Celebrando o 25N, Visita de Raquel Queizás
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Todas as mans son necesarias
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Día contra a violencia de xénero
- CIFP Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Actividades polo 25N
- CPI P. A Picota (Mazaricos-A Coruña): 25 de novembro
- CPI da Cañiza (A Cañiza-Pontevedra): Recursos, Cartel, 25N na radio
- CPI de Cervantes (Cervantes-Lugo): 25 de novembro
- CPI P. Virxe do Monte (Cospeito-Lugo): 25 N
- CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas-Pontevedra): Recomendacións lectoras, 25N
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Palabra Máxica: Coeducación
- EOI de Ferrol (Ferrol-A Coruña): 11 Mulleres
- IES P. Aquis Celenis (Caldas de Reis-Pontevedra): O Aquis contra a violencia de xénero
- IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño-Ourense): 25N Día contra a violencia de xénero
- IES Maximino Romero de Lema (Zas-A Coruña): Exposición, Mural, Dominó, Taller de origami, Manifesto, Chapas
- IES Monte das Moas (A Coruña): Margaridas contra a violencia de xénero
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2021
- IES Poeta Añón (Outes-A Coruña): 25N (reflexión sobre o machismo na música)
- IES de Porto do Son (Porto do Son-Pontevedra): Quérote Querendo
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Lemos o 25N!, Manifesto, Para falarmos e traballar, As nosas cidades-violeta