Transcorridos dez anos desde a primeira convocatoria de axudas para o funcionamento de Clubs de lectura destinadas a centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional e outros de nivel post-obrigatorio, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos /Asesoría de bibliotecas escolares, abordou a realización dun estudo cualitativo sobre a lectura e os clubs de lectura, os impactos desta iniciativa na cualidade da lectura e nas competencias comunicativas (e outras) do alumnado participante, así como o seu impacto nas comunidades educativas dos centros que contan con club de lectura. José Antonio Millán dirixiu este estudo (Clubs y lectores en la enseñanza secundaria de Galicia), do que se realizou a fase de "grupos de discusión" durante a primavera de 2018 e do que se presentaron as primeiras conclusións nas IX Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, celebradas en novembro de 2018.
Publícase agora o estudo nas dúas versións: galego e castelán, que se pon a disposición do profesorado e de todas as persoas interesadas na Libraría Institucional da Xunta de Galicia.
- CLUBS, LECTORAS E LECTORES NO ENSINO SECUNDARIO DE GALICIA (introdución, estudo de José A. Millán e informe dos clubs de lectura do curso 2017/2018). [Versión en galego]
- CLUBS, LECTORAS Y LECTORES EN LA ENSEÑANZA SECUNDARIA DE GALICIA (introducción, estudio de José Antonio Millán e informe de los clubs de lectura en el cuso 2017/2018) [Versión en castellano)