A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Alfabetización mediática e informacional polo ben público. Destácase que no ecosistema actual de mensaxes e significados complexos, ás veces, contraditorios, é difícil concibir que se avance no benestar público, se o público está desempoderado fronte ás oportunidades e ameazas. Cada individuo debe estar provisto de competencias en alfabetización mediática e informacional para comprender o que está en xogo, así como para contribuír e beneficiarse das oportunidades de información e comunicación.
A desinformación xa existía antes da COVID-19, mais esta pandemia incrementou a desinformación, a polarización política e a crecente influencia das plataformas dixitais.
As bibliotecas escolares deben , máis que nunca, reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI.