No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano, o décimo Día Mundial da Radio celébrase co lema: "Novo mundo, nova radio", convidando a reflexionar sobre o su servicio para, entre moitas outras accións, combatir a desinformación e axudar a responder ás necesidades das comunidades e as sociedades. Un lema en sintonia co traballo das bibliotecas escolares adscritas ao programa Radio na biblio nos tempos estraños que nos toca enfrontar.
Animamos aos 109 centros do programa Radio na Biblio a celebrar esta xornada, combatindo a desinformación dende as súas emisoras, continuando coa marabillosa labor de alfabetización mediática informacional que están a facer co seu alumnado e comunidades educativas.
Imaxe de "Ceibe Radio", a emisora da biblioteca do CEIP A Lama (Pontevedra)
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Podcasts Día da Radio
- CEIP A Ponte (Lugo): Os nosos maiores e a radio
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): ... estreamos a nosa programación de Radio Castelao!
- CEIP Bormoio-Agualada (Coristanco-A Coruña): Día da Radio
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día Mundial da Radio
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Os podcasts de Radio Curuxa
- CEIP P. Manuel Bermúdez couso (Pobra de Trives-Ourense): Radio Pingueira
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Día da Radio e Día de Rosalía
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Radio Balea
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Día Mundial da Radio-Entrevista a Antía Yáñez
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): World Radio Day 2021
- CEIP P. Pena de francia (Mos-Pontevedra): A nosa radio
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Desde Radio Faladoiro celebramos o Día Mundial da Radio
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Podcasts de Música Clásica, Radiofórmula e Emisora Xeralista
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): Radio Roxar-Día Mundial da Radio
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Radio Xograr