Este é o cuarto curso de desenvolvemento do programa "Radio na biblio" integrado por 109 centros. Achegándose ao traballo destas bibliotecas evidénciase que radio é unha ferramenta pedagóxica de gran alcance capaz de xerar unha importante dinámica de comunicación, de apoio aos proxectos, de difusión de produtos culturais e das investigacións elaboradas polo alumnado, unha ferramenta facilitadora da educación para a competencia en información e medios.
O inicio do curso 2020/2021 estivo cheo de incertidumes e inquedanzas sobre como enfrontar o uso de materiais e espazos. Os protocolos foron chegando e axustándose e o que parecía imposible empezou a funcionar. Os espazos de radio recibiron aos grupos de convivencia e o alumnado voluntario e continuaron como lugares de encontro da comunidade educativa.
Na imaxe, alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán de A Coruña entrevistando a actriz Isabel Naveira
Actividades do programa Radio na biblio:
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): As mestras tamén aprendemos, Os fantásticos investigan
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): Obradoiro con Sole Felloza, Contamos un conto, Contos dende a casa, PDI Amar o Mar
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Podcast semanal, 25 N
- CEIP de Cervo (Cervo-Lugo): Como mola a nosa xente
- CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras-Ourense): Programa de Dino-Radio pola Paz no ano da Vacina
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Onda Ti
- CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra): Poesía, Entrevista
- CEIP de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Investigando o coronavirus
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Formación, Mes da ciencia (Isabel Zendal)
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Con-Memoria, En Clave de Lamas
- CEIP de Laredo (Redondela-Pontevedra): Curiosidades curiosas
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives-Ourense): O voluntariado informa
- CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás-Ourense): Radio Xuve
- CEIP Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Club de lectura
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra do Brollón-Lugo): Obradoiro de teatro lido con Charo Pita
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): O Nadal doutros tempos
- CEIP San Marcos (Abegondo-A Coruña): GaliHits
- CEIP Virxe do Carme (Sober-Lugo): Refuxiados, Certame de relatos terroríficos
- CEP Brea Segade (Rianxo-A Coruña): Directos no recreo
- CPI Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra): Concurso de microrrelatos latín, Club de lectura adultos, Libro forum, Proxecto sen máscaras
- CRA de Meis (Meis-Pontevedra): Rabu Radio
- IES A Basella (Vilanova de Arousa-Pontevedra): 1º Concurso de Radionovelas
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Conta con Origami, Escolas sen racismo en Radio emBRIÓN
- IES Valadares (Vigo-Pontevedra): MeteoValadares
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Radio Xograr 2020/2021
- Proxecto Intercentros - Coñecendo os nosos concellos. CEIP da Pobra do Brollón e CEIP Virxe do Carme de Sober