As Instrucións de 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en relación coa organización e funcionamento das bibliotecas escolares, para o curso 2020/2021 recollen na claúsula Primeira, punto 7, que a biblioteca escolar deberá facilitar o tratamento transversal dos contidos e un enfoque interdisciplinario en proxectos e actividades, contribuíndo así aos cambios metodolóxicos imprescindibles.
Ponse de manifesto o importante esforzo que, neste curso estraño, están a facer as comunidades educativas introducindo, ou continuando, coa metodoloxía de aprendizaxe por proxectos, liderados pola biblioteca escolar ou que se desenvolven co seu apoio.
Nas bibliotecas escolares xurden novos proxectos ou continúan os do curso anterior. A persar da variedade, obsérvase que se impoñen temáticas que poñen o foco na saúde, no coidado do medio... na actualidade da realidade que estamos a vivir.
Imaxe do PDI "Botarse ao monte" do CEIP P. As Covas-Meaño
Proxectos nos que andan as bibliotecas escolares galegas:
- CEE A Barcia (Santiago de Compostela-A Coruña): PDI A Aldea
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): A viaxe de Nuno
- CEIP P. A Pedra (Bueu-Pontevedra): Comprometidos co noso planeta
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo-Pontevedra): Fun polo aire... vin polo vento
- CEIP P. As Covas-Meaño (Meaño-Pontevedra); Botarse ao monte
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Exposicións PDI "O Ano dos Contos" 1º trimestre
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Paseando con Emilia
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Hábitos de vida saúdable
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): A tope coa saúde
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): PDI Visión 3C: Ciencia, Comunicación e Creatividade
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Rutas parroquias
- CEIP Porto Cabeiro (Redondela-Pontevedra): As portolimpíadas
- CEIP Saco e arce (Toén-Ourense): Álbum de lembranzas
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): PDI SuperARTE, Actividades
- CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral-A Coruña): Carral sostible: 9 meses, 9 causas
- CEP Brea Segade (Rianxo-A Coruña): MonteMar
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña): 5-Está nas nosas mans
- EEI Barrionovo (Arteixo-A coruña): #camiñanteSIhaicamiño
- IES A Xunqueira I (Pontevedra): O mundo máxico, mítico, irreal, utopías ou distopías
- IES Illa de Ons (Bueu-Pontevedra): #SonMonte. O monte na memoria colectiva, #SonMonte. E ti, que pintas no monte?
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo): O Coidado, Exposición e investigación #Etiquetados
- IES Valadares (Vigo-Pontevedra): Entre dúas realidades
- IES de Viós (Abegondo-A Coruña): Xeografías Lectoras