A biblioteca do CEIP de Cervo forma parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares desde 2007, cunha actividade sempre moi importante, aberta a colaboracións e compromisos co entorno a través de proxectos propios e de proxectos compartidos coa "micro-rede da Mariña", un dos grupos de colaboración de bibliotecas escolares máis activos de toda a Rede de bibliotecas escolares de Galicia. Co paso dos anos a comunidade educativa do CEIP de Cervo foi construíndo unha cultura pedagóxica ben enraízada no seu medio e aberta tamén ao mundo, participando, desde o facer da biblioteca, en programas de colaboración europeos. A través de distintas voces desta comunidade de aprendizaxe que pouco a pouco vai construíndose no CEIP de Cervo, arredor da súa biblioteca, podemos coñecer un dos proxectos educativos de maior interese nisto que chamamos as #bescolaresgal: