Ao inicio deste curso, o traballo das bibliotecas escolares semellaba, máis que nunca, unha tarefa de difícil desempeño. Rematando xa o primeiro trimeste, as evidencias son que , aos poucos, as actividades sistematizadas van retornando.
E así ocurre co Voluntariado na biblioteca escolar, unha das iniciativas do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Un curso máis os voluntarios e voluntarias, tanto de primaria como de secundaria, comprométense a realizar unha serie de tarefas en relación coa biblioteca. Axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe, editan vídeotitoriais que explican as novas normas, a formación de usuarios, o funcionamento das mochilas viaxeiras; realizan os préstamos nas súas aulas, desenvolven actividades de fomento da lectura, obradoiros creativos, programas de radio...
A pesar da situación, e máis que nunca, este programa continúa favorecendo actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida.
Na imaxe, voluntario preparando unha mochila viaxeira na biblioteca do CEP Brea Segade (Taragoña-Rianxo)
Actividades de voluntariado nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Colaboradores da biblioteca, Colaboradores da biblioteca en acción
- CEIP de Chancelas (Poio-Pontevedra): Comezamos co préstamo
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Volve Onda Ti!
- CEIP de Foz nº1 (Foz-Lugo): Obradoiro de Radio na biblio , Preparando programas en directo , Vídeo 25N , Convocatoria para axudantes de biblioteca, Obradoiros con Paola Guimeráns
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Creando espazos creativos, inclusivos e seguros
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Obradoiro chapas 25N , Coñece a túa biblioteca , Formación de usuarios , Crea cos escornabots
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Biblioaxudantes 2020-21, Biblioaxudantes_"Novo mundo, nova radio"
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): Recomendacións "New English Books"
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): O voluntariado non descansa!
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Axudantes da biblioteca
- CEIP de San Ramón (Moeche-A Coruña): Obradoiro de radio na escola
- CEP Brea Segade (Rianxo-A coruña): Directos no recreo , Mochilas seguras, revisadas e sorteadas , Axudantes de 5º e 6º
- CPI Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra): Achega das novidades , Sen máscaras!
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Queres ser voluntaria/o da biblioteca
- IES Cabo Ortegal (Cariño-A Coruña): Inicio do voluntariado, Equipos de voluntarixs da biblioteca 2020/2021
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Día da Ilustración
- IES Valadares Vigo-pontevedra): Recreos na biblioteca
- IES de Viós (Abegondo-A Coruña): Espazo de encontro! Os voluntarios en marcha!