4 bibliotecas escolares galegas acadan premio no Concurso nacional de boas prácticas do MEC-2007

 

Ceip Milladoiro-Malpica

Un ano máis, na relación de centros educativos galardoados no Concurso Nacional de boas prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2007, aparece unha boa e nutrida representación galega. Nesta ocasión acadaron recoñecemento os seguintes centros:

  • CEIP A Ponte, de Lugo (2º premio, modalidade A)
  • CEIP Milladoiro, de Malpica (3º premio), modalidade A)
  • CEIP San Martiño, de Salcedo-Pontevedra (3º premio, modalidade A)
  • IES Marqués de Suanzes, de Ferrol (3º premio, modalidade B)

 

CEIP A Ponte - Lugo

 

Parabéns ás comunidades educativas dos respectivos centros por estes premios, que supoñen unha valoración ao esforzo común presente, sen dúbida, detrás destas boas prácticas agora recoñecidas.

curso do cefore de proxecto lector

maria carral. Noraboa a esa biblioteca do colexio de Malpica da que temos moito que aprender e gracias a Olga pola súa aportación no curso de proxectos lectores.
Os que estamos comezando nesto necesitamos moito a axuda e os consellos de xente coma Olga. Moitas gracias.