Vén de publicarse no Portal educativo a convocatoria de 29 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación secundaria, bachalerato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2020-2021.
O prazo límite para a presentación de solicitudes remata o 16 de novembro de 2020 (data incluída)