O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 16 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias"do curso 2019/2020.
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" aos 10 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 88 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2019/2020.