O DOG publica hoxe a Orde do 25 de maio de 2020 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para o curso 2020/21.
Ao igual que en anos anteriores, seleccionaranse un mínimo de 25 centros novos para a súa incorporación ao PLAMBE, podendo ampliarse este número no caso de baixas ou renuncias de centros xa integrados neste programa en convocatorias anteriores. Os centros que se incorporaron nas convocatorias 2014, 2015 e 2016 poderán recibir, ademáis da asignación para fondos, unha asignación complementaria para a renovación de mobiliario e outros equipamentos imprescindibles para o funcionamento da biblioteca escolar. A continuidade no PLAMBE esixe a solicitude correspondente a través desta convocatoria, coa entrega da documentación que se solicita en cada caso, así como acadar unha valoración positiva na memoria de actividades deste curso 2019/2020.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de xullo.
- Publicación da Orde de 25 de maio de 2020 - Convocatoria PLAMBE para o curso 2020/2021 (centros públicos)
- Texto da convocatoria no DOG
- Anexos