Si pronto non me levades,
¡ai!, morrerei de tristeza,
soia nunha terra estraña,
donde estraña me alcumean,
donde todo canto miro
todo me dice: "¡Estranxeira"!
("Airiños, airiños, aires")
O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura e Turismo, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as bibliotecas escolares promovendo actividades que achegan ao alumnado a súa vida e obra. Traballos de investigación, lecturas compartidas, roteiros, actividades plásticas e creativas, proxectos multimedia... son algunhas das propostas que nestes días salientan a modernidade e actualidade do seu pensamento.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2020, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_drc_20, a celebrar este día co agasallo dun libro e unha flor ás amizades e persoas querida. Publica un manifesto na voz de Daniel Asorey e propón múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos. Unha proposta para traballar o drama da emigración na voz da nosa poeta.
Actividades nas bibliotecas escolares:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Día de Rosalía-24 de febreiro
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Día de Rosalía 2020
- CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo-Pontevedra): O sentimento do emigrante
- CEIP Álvaro cunqueiro Mora (Mondoñedo-lugo): Día de Rosalía e de Álvaro Cunqueiro
- CEIP Anxo da Garda (A Coruña): Errantes polo mundo
- CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela-A Coruña): Concurso fotográfico: Rosalía de Castro, Día de Rosalía e linguas maternas
- CEIP Arquitecto Casas Novoa (Santiago de Compostela-A Coruña): Alborada e outros poemas, Errantes polo mundo
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Páxina Rosalía de Castro
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Día de Rosalía
- CEIP Emilia Pardo Bazán (Vigo-Pontevedra): Recitamos e cantamos a Rosalía
- CEIP P. de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Programa de Chicharriños nas Ondas nº13
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña): Exposición, 24 de Febreiro Día de Rosalía
- CEIP da Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Mes de Rosalía, Cando penso que te fuches..., Alborada: ledicia e alegría
- CEIP P. de Nantes (Sanxenxo-Pontevedra): Día de Rosalía
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Rosalía de Castro
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás-Ourense): Rosalía
- CEIP O Sello (Vigo-Pontevedra): A nosa pequena aportación a Rosalía
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Día de Rosalía. Xogos tradicionais
- CEIP Santa María do Valadouro (O Valadouro-Lugo): Día de Rosalía
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra): Celebrando o Día de Rosalía
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): Día de Rosalía
- CEIP P. da Torre-Cela (bueu-Pontevedra): Día de Rosalía de Castro
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Día de Rosalía
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Rosalía Errante
- CPI de Pontecesures (Pontecesures-Pontevedra): Día de Rosalía
- EEI San roque (Viveiro-Lugo): Unha estrela para Rosalía
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): Para o día de Rosalía
- IES de Meaño (Meaño-Pontevedra): Rosalía sempre
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Celebrando o Día de Rosalía
- IES de Quiroga (Quiroga-lugo): Día de Rosalía de Castro
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): con Rosalía e Carvalho: comprometid@s coa lingua e có país