O Portal Educativo publica a convocatoria do II Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data de 13 de febreiro de 2020 (coincidindo co Día Mundial da Radio), o II Concurso de Podcasts - Radio na Biblio en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, integrados ou non no programa Radio na Biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao filólogo, mestre e escritor Ricardo Carvalho Calero. O prazo de presentación remata o 25 de abril de 2020.
- TEXTO DA CONVOCATORIA
- Presentación do Concurso por parte da Conselleira de Educación, Universidade e formación Profesional na radio do CEIP P. San Bartolomé (Vilanova de Arousa)
- Presentación na web da CRTVG
Traballos seleccionados no I Concurso de Podcasts-Radio na Biblio no curso 2018-2019: