No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación ... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Máis información:
- ONU Mulleres
- 11 de febreiro org
- Maletas viaxeiras: Ciencias Primaria, Ciencias Secundaria, Biblioteca Creativa
- Pinterest Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares
- Pinterest Biblioteca creativa
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Día da Muller e a Nena na Ciencia
- CEIP P: Graxal (Cambre-A Coruña): Escornabot, exposición e investigación
- CEIP Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Muller e Nena na Ciencia
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Marie Curie
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Exposición de libros
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra): Excelentes Mulleres Científicas
- CEIP P. da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Día Internacinal da Nena e a Muller na Ciencia
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Día da Muller e a Nena na Ciencia
- IES de Brión (Brión-A Coruña): Lecturas en Igualdade, 11F: Xincana e Olimpiada, Actividades "Día da Muller e a Nena na Ciencia"
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): Día da nena e a muller na ciencia
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): A oca das científicas