No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
Este ano celébrase co lema: "Pluralismo, representación e diversidade" xa que a radio é un medio de comunicación único para celebrar a diversidade humana e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. Un lema en sintonia co das bibliotecas escolares para este curso "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" e do valor inclusivo do programa Radio na Biblio.
Animamos aos 80 centros do programa Radio na Biblio a celebrar esta xornada defendendo o pluralismo e a diversidade dende as súas emisoras.
Na imaxe o alumnado do CEP Brea Segade (Rianxo-A Coruña)
Actividades das bibliotecas escolares:
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña): Día Mundial da Radio
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo/Cotobade-Pontevedra): Programa nº 15 de Cast@Radio - Conversa entre Tesla e Marconi
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día Mundial da Radio
- CEIP Pena deFrancia (Mos-Pontevedra): Obradoiro de radio
- CEIP P. Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña): Día da Radio
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra): Feliz Día da Radio
- CEIP Virxe da Saleta (Cea-Ourense): Estrea de Radio Roxar - Ola Mundo