"... o instrumento perfecto para que o noso alumnado poida expresarse a través dos seus talentos" reflexión do profesorado do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra) sobre o valor inclusivo do programa Radio na Biblio.
Neste 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade queremos facer nosa esa reflexión e pensar en como as bibliotecas escolares galegas deben ser espazos nos que o alumnado atope o seu sitio para traballar en proxectos comúns, espazos que integren a todas e todos, espazos que sexan auténticos viveiros de cidadanía.
Hai dous cursos, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional iniciou o programa Biblioteca Inclusiva, dentro do Plan LÍA 2016-2020 de Biblioteca Escolares. Este programa pretende avanzar cara a unha biblioteca que responda ás necesidades de todo o alumnado do centro e enfronte o reto da diversidade. Queda moito por facer, pero a inclusión e a diversidade é unha realidade nas nosas bibliotecas que chegou para quedarse.
Estos son algúns dos materiais do programa:
- Programa Biblioteca Inclusiva
- Xornada de formación: Biblioteca Inclusiva. Lectura e Diversidade
- Xornada de formación: Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na Diversidade
- Radio na Biblio informa: Biblioteca Inclusiva
- Maleta viaxeira: Lectura e Diversidade
- Maleta viaxeira: Por unha Biblioteca inclusiva
Actividades das bibliotecas escolares galegas neste 3 de decembro:
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña):Tod@s distint@s, tod@s iguais ... pero ... tod@s importantes, tod@s especiais.
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Día Internacional das Persoas con Discapacidade
- CEIP Anxo da Garda (A Coruña): Audiocontos
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A coruña): 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade
- CEIP P. de Foz Nª1 (Foz-Lugo): Día Internacional das Persoas con Discapacidade
- CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral-A Coruña): Leo por Deporte-Paraolimpíadas, 3 de decembro, Fondos biblioteca inclusiva
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Día internacional das persoas con discapacidade
- CEIP Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Aprendendo das diferentes capacidades
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra): A Voz da Mata, instrumento de inclusión
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña):EncontXo Diversidade
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Ponte no seu lugar: Discapacidade e inclusión
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): 3 de deembro, Día das persoas con discapacidade