Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU, un ano máis, lanzan a campaña de 16 días de activismo contra a violencia de xénero baixo o lema "Pinta o mundo de laranxa: Xeración Igualdade condena a violación", centrada na existencia dunha impunidade xeralizada na violencia sexual e na violación.
Os centros educativos e as bibliotecas escolares súmanse á conmemoración do 25 de Novembro con múltiples actividades destinadas a educar en igualdade e contribuir a unha maior consciencia do problema por parte dos distintos sectores da comunidade educativa. O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir una paso atrás.
Recollemos aquí algunhas das accións levadas a cabo arredor desta data nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña): Recomendacións, Investigación, 25N
- CEIP A Paz (Vigo-Pontevedra): Estamos na semana da igualdade!!!
- CEIP A Picota (Mazaricos-A Coruña): 25 de novembro
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): I Semana da Diversidade e a Igualdade
- CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Vigo-Pontevedra): Partimos da actualidade futbolística...
- CEIP P. de Carballedo (Cerdido-Cotobade): 25N
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Programa de Radio
- CEIP de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Contra a violencia de xénero, Educar en igualdade, Talía Teatro
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Día contra a violencia de xénero
- CEIP O Coto (Negreria-A Coruña): O xogo do tócame
- CEIP Pena de Francia (Mos-Pontevedra): Pequenos xestos para eliminar a violencia
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Rexeitamos a violencia, abrazamos a igualdade
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Entrevista a Celtia Figueiras, Micromachismos nas cancións, Trécola teatro
- CEIP Santiago Apostolo (Santiago de Compostela-A Coruña): Cine de novembro, 25N-Contra a violencia machista
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Actividades escornabóticas para derrubar roles e estereotipos, Día internacional contra a violencia de xénero
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): 25 de Novembro
- CPI Virxe da Saleta (Cea-Ourense): Conmemorando o 25N
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Música e linguaxe de signos, Guía de lectura, Croma
- IES Agra do Orzán (A Coruña): 25N. non é posible sen vós
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Contra a violencia de xénero
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña): Lecturas na biblioteca contra a violencia de xénero
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): 25 de Novembro, Obradoiro Creativo contra a violencia de xénero
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Mural 25N
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Preparando o 25N, Instalación para o 25N
- CPI A. Cotarelo Valledor (Boimorto-A Coruña), CEIP de Melide Nº1 (Melide-A Coruña) e CEIP Rosalía de Castro (Lugo): Manifesto contra a violencia de xénero